organización

Contra o diluvio – Manifesto en galego

Après moi le déluge! [Logo de min, o diluvio!] é o lema de todo capitalista e de toda nación capitalista. Por iso o capital non leva en consideración a saúde nen a duración da vida do obreiro, agás que for obrigado pola sociedade.

Karl Marx

Hai pouca dúvida de que o que resta das nosas vidas estará marcado pola mudanza climática e as súas consecuencias. Non haberá practicamente esfera da vida que non se vexa afectada con maior ou menor intensidade por este fenómeno global, da saúde até o lecer, pasando polo traballo e as formas de organización social. As consecuencias da mudanza climática e das políticas publicas que se puxeren n andamento para a minorar ou a paliar van implicar unha mudanza da matriz tecnolóxica da nosa sociedade e das condicións de vida da grande maioría. O que entra en xogo é o sentido desa mudanza: como se vai facer partilla dos custos e dos posibeis beneficios desa transformación. Implicará un empeoramento das condicións de vida dos de abaixo ou  levaranos para unha sociedade mais igualitaria e xusta?  Esta é a cuestión sobre a mesa.

Acreditamos en que a loita contra a mudanza climática e as súas consecuencias ten que ser unha prioridade  de todos os movementos sociais que teñan o benestar da maioría no seu albo, sexan revolucionarios foren reformistas. Actuarmos contra a mudanza climática é hoxe en día inseparábel de actuarmos contra a sociedade capitalista que a produce. O capital non  leva en consideración a saúde nen a duración da vida do obreiro, nen tampouco as condicións ecolóxicas do planeta, das que aquela depende. Só a acción colectiva e organizada dos de abaixo permitirá sobrevivir o diluvio que xa chega.

Contra o diluvio nace como un modesto intento de achega a un movemento contra a mudanza climática e as súas consecuencias. Para elo propoñémonos facer coñecer as consecuencias sociais da mudanza climática entre as persoas e colectivos interesados nos movementos sociais existentes, mediante a produción e tradución de materiais escritos, a organización de palestras e debates e a recopilación de información sobre a mudanza climática e as súas consecuencias sociais dun xeito accesíbel mais rigoroso.

Temos traballo.

[Gracias a Tawil por la traducción.]

Si te gusta lo que hacemos en Contra el diluvio, puedes suscribirte a nuestra newsletter, Aquí antes nevaba todos los días, para estar siempre al tanto de lo que hacemos. Suscríbete aquí.